20/2/13
ENTROIDO
Este ano no Entroido fixemos uns talleres de coroas os de E.I. e de máscaras os de E.P., logo fixemos unha merenda e baixamos ao patio onde bailamos.
Tamén recitamos unhas coplas que lle fixeron os/as nenos/as ao meco e logo decidiron queimalo. Aquí vos deixamos unha mostra.
18/2/13
DÍA DA PAZ
DÍA DA PAZ 2.013
O 30 de xaneiro celebramos no colexio o día da Paz.
Durante o mes de decembro os nenos/as estiveron pintando e facendo grúas de papel para decorar o pasillo do colexio, sen saber porque o facían. Pouco a pouco ían saíndo pistas polo pasillo, tiñan que arrancar dun contador o número de grúas que levábamos feitas.
Cando chegou o día a través dunha película titulada "Sadako Sasaki Story", que podedes ver na páxina http://www.youtube.com/watch?v=x_gGP-4Cwhc, contouse a historia dunha nena xaponesa que despois de sobrevivir a bomba de Hiroshima tivo unha enfermidade e no hospital puxose a facer grúas cos papeis dos medicamentos porque lle dixeron que se facía 1.000 podía pedir un desexo.
Nós chegamos as 1.000 e o día 30 pedimos un desexo. Os nenos/as maiores fixeron unha grúa xigante que se colgou no pasillo. Aínda así decidimos seguir facendo máis grúas.
Aquí vos deixamos unhas fotos dese día, que por certo foi moi especial e moi bonito.
8/2/13
Exposición debuxos calendario
EXPOSICIÓN DEBUXOS CALENDARIO
Este ano traballamos un poema de Mª Magdalena Domínguez (poetisa de Mos) para facer os debuxos e elexir os gañadores para poñer no calendario.
Aqui vos deixamos as imaxes dos debuxos gañadores e a exposición que se fixo no colexio.