4/11/13
SAMAÍN 2013
O 30 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Este ano decoramos o pasillo e colocamos as cabazas que os nenos fixeron cos seus pais na casa. No comedor celebramos a "Merenda Terrorífica" e despois do recreo cantamos e dramatizamos no pasillo a canción de "Corre, corre, cabaciña". Pasámolo moi ben!!!
13/9/13
BENVIDA CURSO 2013-2014
Bos días, somos o equipo de Normalización Lingüística, seguiremos subindo ao blog todas as actividades realizadas e queremos desexarvos un bo comezo de curso 2013-2014.
19/6/13
XORNAL LOURO Nº 44
Chegou o fin de curso e coma todos os anos dende o Equipo de Normalización Lingüística sacamos a luz o xornal Louro este ano vai polo nº 44. Esperamos que vos guste.
Dende o Equipo de Normalización;desexarvos unhas felices vacacións de verán e ata setembro.
6/6/13
SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS
Durante a semana do 10 ao 16 de maio no colexio tivemos diversos actos para
celebrar o Día das Letras Galegas que este ano adicouse a Roberto Vidal Bolaño.
O martes 14 de maio tivemos sesión de Cine en galego coa colaboración da
biblioteca, proxectouse “Contos no camino” para Infantil e 1º de Primaria e
para 2º e 3º ciclo “Pinocho 3.000”
O mércores 15 houbo contacontos “Cocorico” e “Lobo feroz”.
E o xoves 16 fíxose unha festa onde puidemos disfrutar dunha pequena obra
de teatro, a recitación de poemas. Escoitar a unhas nenas tocar a gaita. O
visionado da vida e obra de Roberto Vidal Bolaño. Tivemos a sorte de contar coa
poetísa de Mos Mª Magdalena Domínguez que falou cos nenos, asinou libros e
recitou algún dos seus poemas. Deronse os premios do Certame Literario, que
foron os seguintes:
INFANTIL: mural colectivo “A vida no campo”
1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º PREMIO: SHEILA GIL RODRÍGUEZ (1º E.P.)
2º PREMIO: LUCÍA MERCEDES RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (1º E.P.)
3º
PREMIO: NOA (2º E.P.)
2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º PREMIO: JAVIER VARELA FRANCISCO (4º B)
2º
PREMIO: AINHOA CAMPOS (3º A)
3º PREMIO: ISAIAS GIL RODRÍGUEZ (4º A)
3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º PREMIO: MARTA SÁNCHEZ FERREIRA (6º B)
2º PREMIO: ALBA IGLESIAS (6º A)
3º PREMIO: SOFÍA GUIRALDEZ (6º A)
9/5/13
CONTOCHE UN CONTO
Aquí vos deixamos unhas fotos do conto realizado polos/as nenos/as de 5 anos A e B e os/as nenos/as de 6º A e B. Os de 5 anos contáronlle o conto titulado "Frederick" aos de 6º, e estes redactaron e debuxaron o que escoitaron. Este libro pasará a biblioteca do colexio para que todos/as o vexades. Esperamos que vos guste.
9/4/13
"SORPRESA"
Que sorpresa levamos!!!! Onte uns amigos do colexio trouxéronnos unhas fotos moi esperadas dunha viaxe que fixeron.
Como o día da paz fixemos grúas de papel, en homenaxe as víctimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial, na loita pola paz. Estes amigos levaron unha tarxeta co nome do noso colexio e uns grúas de papel feitas polos nenos ata Xapón, onde as colocaron en diferentes lugares. Aquí tendes unha mostra, espero que vos guste tanto como a nós.
"Este é o noso grito, esta é a nosa plegaria: PAZ NO MUNDO"
20/2/13
ENTROIDO
Este ano no Entroido fixemos uns talleres de coroas os de E.I. e de máscaras os de E.P., logo fixemos unha merenda e baixamos ao patio onde bailamos.
Tamén recitamos unhas coplas que lle fixeron os/as nenos/as ao meco e logo decidiron queimalo. Aquí vos deixamos unha mostra.
18/2/13
DÍA DA PAZ
DÍA DA PAZ 2.013
O 30 de xaneiro celebramos no colexio o día da Paz.
Durante o mes de decembro os nenos/as estiveron pintando e facendo grúas de papel para decorar o pasillo do colexio, sen saber porque o facían. Pouco a pouco ían saíndo pistas polo pasillo, tiñan que arrancar dun contador o número de grúas que levábamos feitas.
Cando chegou o día a través dunha película titulada "Sadako Sasaki Story", que podedes ver na páxina http://www.youtube.com/watch?v=x_gGP-4Cwhc, contouse a historia dunha nena xaponesa que despois de sobrevivir a bomba de Hiroshima tivo unha enfermidade e no hospital puxose a facer grúas cos papeis dos medicamentos porque lle dixeron que se facía 1.000 podía pedir un desexo.
Nós chegamos as 1.000 e o día 30 pedimos un desexo. Os nenos/as maiores fixeron unha grúa xigante que se colgou no pasillo. Aínda así decidimos seguir facendo máis grúas.
Aquí vos deixamos unhas fotos dese día, que por certo foi moi especial e moi bonito.
8/2/13
Exposición debuxos calendario
EXPOSICIÓN DEBUXOS CALENDARIO
Este ano traballamos un poema de Mª Magdalena Domínguez (poetisa de Mos) para facer os debuxos e elexir os gañadores para poñer no calendario.
Aqui vos deixamos as imaxes dos debuxos gañadores e a exposición que se fixo no colexio.
22/1/13
Visita dos Reis Magos
O día 21 de decembro os Reis Magos visitaron o noso colexio e trouxeronlle agasasos aos nenos. Logo baixamos ao comedor para tomar chocolate quentiño con rosca. ¡Que rico que estaba!