10/11/17

MAGOSTO

HOXE VENRES 10 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O MAGOSTO NO COLEXIO. GOZAMOS PARTICIPANDO NOS XOGOS TRADICIONAIS QUE ORGANIZA O EQUIPO DE ACTIVIDADES E LOGO COMEMOS CASTAÑAS.


31/10/17

SAMAIN 2017

Ola a todos e todas. Comezamos este novo curso e que mellor maneira que coa festa do Samain e a presentación do proxecto.
Por se non vos enteraste o Proxecto titulase O patio que soña-Mos. Grazas as familias temos o corredor do colexio decorado con cabazas e froitos de outono. Cantamos e bailamos a canción de Samain de Mamá Cabra.





23/6/17

BOAS VACACIÓNS DE VERÁN

E PARA REMATAR ESTE CURSO, DEIXÁMOSVOS O XORNAL LOURO, PARA DESEXARVOS UNHAS FELICES VACACIÓNS DE VERÁN.




  Xornal Louro Nº 48 by raquel on Scribd

16/5/17

LETRAS GALEGAS 2017

Xa estamos de volta!!!
Hoxe no colexio celebramos unha data especial, o día das Letras Galegas, que este ano se adican a Carlos Casares.
Os nenos e nenas de 6° contaronnos a vida e obra sobre o homenaxeado. Logo levantámonos para decir cada un a palabra que máis nos gusta en galego e fixemos un mural da palabra que máis me gusta de todas as palabras. Rematamos o acto cantando o noso rap "Dalle gas,  Dalle ghas".





27/2/17

ENTROIDO

O VENRES 24 DE FEBREIRO CELEBRAMOS NO COLEXIO O ENTROIDO. FIXEMOS UNS TALLERES, MERENDAMOS DOCES TÍPICOS DO ENTROIDO, DESFILAMOS, BAILAMOS E QUEIMAMOS O MECO.




21/2/17

ENTROIDO 2017

Cobi, a mascota dos XOGOS OLÍMPICOS de Barcelona 92, é este ano o meco que nos di o que temos que traer cada día desta semana. O venres 24, xa temos que vir disfrazados (temática XOGOS Olímpicos). 



30/1/17

Día da PAZ 2017

HOXE 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS NO COLEXIO O DÍA DA PAZ. OS NENOS E NENAS ESCRIBIRON EN GLOBOS PALABRAS DE PAZ E VALORES (RELACIONADOS CON XOGOS OLÍMPICOS). COLOCARONSE NO PATIO, NO ARO DA MESMA COR QUE O SEU GLOBO E LOGO INTERCAMBIARONSE OS GLOBOS.

DESPOIS CANTAMOS A CANCIÓN DE GLORIA ESTEFAN "PODES CHEGAR".

OS NENOS E NENAS DE 6° DE PRIMARIA EXPLICARONNOS QUE A PARTIR DE HOXE COMENZARÍAMOS UN VOCABULARIO SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS EN DISTINTOS IDIOMAS.