23/5/18

LETRAS GALEGAS 2018

O 16 de maio celebramos o día Letras Galegas no colexio, este ano adicado a María Víctoria Moreno Márquez.
Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial!!!








12/2/18

ENTROIDO 2018

O venres 9 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. Fixemos uns talleres, merendamos postres típicos do Entroido, fixemos un desfile e queimamos o Meco.


1/2/18

DÍA DA PAZ 2018

Hoxe 30 de xaneiro, no colexio, celebramos o "día internacional da paz e da non violencia". A mensaxe básica deste día é: "Amor universal, Non violencia e Paz". O Amor universal é mellor que o egoísmo, a non violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra".

Este curso no colexio como traballamos o proxecto "O patio que soñaMos", decidimos recitar un poema e signalo con linguaxe de signos titulado "Pintemos a Paz". Cando teñamos mellor tempo, e deixe de chover, nos chanzos das escaleiras do patio de Primaria, pintaremos as palabras relacionadas coa paz que os nenos e nenas elexiron nas súas aulas.