Queridos amigos e amigas comezamos as actividades do equipo de normalización neste curso 2010-2011 coa festividade do Samín, esta semana realizaremos a exposición de cabazas que poderedes visitar o martes 26 de outubro de 16:00 a 18:00 horas.
O xoves realizaremos a II Merenda Terrorífica na que participará todo o alumnado de educación infantil e os nenos e nenas de 1º de primaria. O venres 29 entregaranse os premios do concurso de cabazas do Samaín.
Somos o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do C.E.I.P. Mestre Martínez Alonso de
Mos, un grupiño de xente, que xunto con todo o profesorado do "cole", intenta darlle un pulo ao galego e a nosa cultura.
NOVIDADES NOVEMBRO
-
Xa están dispoñibles as últimas novidades, tanto recursos bibliográficos
como materiais lúdicos.
Non deixedes pasar a oportunidade de descubrilas na bib...
RATIÑO E RATIÑA XA ESTÁN AQUÍ DE NOVO!
-
Ola a todos!
Xa estamos aquí de novo e traemos moitas novas que contarvos!
Para empezar e por se non o sabedes (que algún de vos é moi despistado) xa
está ...
Se queres colaborar con nós en atopar a orixe dos topónimos do noso concello, só tes que apuntar a procedencia do topónimo, mesmo daqueles que xa non se usan ou foron substituídos. Poden ser nomes de lugares, parroquias, muíños, camiños...
IV CERTAME LITERARIO
Este ano houbo moita participación e non foi doado elixir entre tantos traballos, pero só algúns podían gañar. Os seus traballos serán publicados, como xa é costume, no xornal Louro.
Conto Viaxeiro 2008
O novo conto xa está en marcha!! Douvos un anticipo, este ano está relacionado co mar e con moitos e orixinais persoaxes. A ver ónde nos leva a imaxinación dos nosos alumnos e alumnas!!
Conto viaxeiro 2008
O noso novo conto xa rematou e pronto vos colgarei o vídeo que puidemos ver o Día Internacional do Libro. Este ano xa sabedes que esta caracterizado polo romanticismo e o altruísmo, é dicir, a axuda incondicional.
Letras Galegas 2008
Este ano o homenaxeado será Xosé María Álvarez Blázquez, persoeiro da nosa cultura que traballou a prol da edición de obras en galego. Tamén foi escritor e poeta.
SEMANA CULTURAL 2008
Na Semana Cultural 2008 contamos con dous invitados moi importantes dentro do ámbito cultural e sobre todo literario: Abraham Carreiro e Fina Casalderrey. O primeiro amosoulles aos máis pequenos cómo podemos ilustrar os contos e a devandita autora comentou os seus libros co alumnado de 2º e 3º ciclo. Os noso alumnado de 5º e 6º visitaron o xornal "Faro de Vigo" para coñecer de cerca unha actividade moi relacionada co autor homenaxeado, é dicir, a edición. Tivemos tamén, na súa terceira edición, "Cine en Galego"; entrega de premios do IV Certame Literario; teatro a cargo dos nenos de 1º A e B...
Visita de Fina Casalderrey
Na nosa Semana Cultual 2008 o alumnado do 2º e 3º ciclo poderán coñecer en persoa a Fina Casalderrey. Con ela falarán dos seus libros e das súas inquedanzas, proxectos... e concretamente dos seus libros titulados: "Quen me quere adoptar?", "A lagoa das nenas mudas"; "Chamizo" e "Asústaste, Merche" que lerán os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º nivel respectivamente.
As Estrelas da Amizade
Se queredes ver o noso conto do último ano " As Estrelas da Amizade" só tendes que pasar pola biblioteca; pero se queredes un aperitivo, aquí vai unha chea de imaxes que acompañan ao texto. Esta montaxe esta feita cos vosos debuxos, espero que vos guste. O Día do Libro celebrarase a súa presentación na biblioteca, onde haberá moitas estreliñas!
Día das Letras Galegas 2007
O ano pasado a homenaxeada neste día foi María Mariño, unha muller moi estraña, pero cunha grande sensibilidade poética. Aquí presentamos a esta poeta cunha reportaxe fotográfica na que abondan moitas estampas do Courel, terra na que viviu moitos anos co seu marido e onde coñeceu ao seu gran amigo Uxío Novoneyra.
Visita de autores na Semana Cultural 2007
O ano pasado tivemos o honor de contar coa visita do ilustrador Anxo Fariña, que nos amosou como todos somos quen de debuxar a don Quixote, e tamén do recoñecido escritor que acaba de acadar un novo premio, Antonio García Teijeiro, autor que nos ensinou a pensar co corazón.
As pedras de Mos falan galego
Este curso imos de roteiro, polo menos os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo, xa que para os máis pequenos pode ser moi canso. Tentaremos descubrir eses caprichos da natureza: pedras que ata poden falar en galego!, se sabemos escoitar. Para poder levar a cabo esta actividade contaremos co asesoramento da asociación Mosqueo, axuda que agradecemos de antemán. Así que a poñerse en forma!!!
O Libro das Palabras Regaladas
O Libro das Palabras Regaladas vén con retraso, pero non deixaremos de facelo. Como xa se dixo, de entre todas elas vaise escoller a palabra máis fermosa, e o neno ou nena que a trouxo recibirá un pequeno agasallo. A presentación do libro e a entrega do agasallo terá lugar o día da presentación do noso conto viaxeiro. Agardade ata entón!!!! Aínda que vos adianto que hai palabras moi fermosas coma "candea", "faísca"...
Certame Literario
Pronto teremos noticias do IV Certame Literario, no que esperamos que haxa moita participación. A súa presentación será o 6 de febreiro.
Xa chega o "Entroido"
Este ano o Entroido vén cediño, aqui tendes colgada a sesión de fotos dos entroidos tradicionais de Ourense, que fixemos o curso pasado. Gozade co colorido de peliqueiros, cigarróns, pantallas, vergalleiros ... Ademais tendes os carteis que se fixeron sobre estes pesonaxes. Traballo custou a profes e alumnos, pero ben bonitos que quedaron!