Ola a tod@s! Aquí vos deixamos as fotos da festa do entroido. Os nenos e nenas de educación infantil tiñan como temática Exipto, xa que é o proxecto que están levando a cabo. Os nenos e nenas de educación primaria tiñan a temática libre, todos estaban moi guapos e divertidos. Pola mañá levamos a cabo un taller de comadres e compadres, quedaron moi orixinais. Despois recuperamos forzas cunha merenda típica de Entroido, gracias a colaboración de todas as familias que enviaron deliciosos doces. Por último, celebramos o tradicional baile.
8M E SEMANA DA PRENSA: PLUMAS AMARELAS
-
*O pasado 8 de marzo non foi un día de celebración, senón de loita e
reivindicación pola igualdade.*
No noso centro, conmemoramos esta data cunha progra...
Hace 3 semanas