Un ano máis fixemos entrega dos agasallos aos premiados e premiadas neste Certame Literario 2009. Esperamos e desexamos que sigan a escribir e... quen sabe!!, talvez dentro duns anos reciban outro merecido premio nun certame máis importante. As sorprendentes narracións e os fermosos poemas dos gañadores/as serán publicados no noso xornal "Louro", en xuño. Tamén foi premiado, como todos os anos, o alumnado de Educación Infantil polo seu gran traballo realizado na modalidade de "murais", o tema do mesmo era: "O galego como medio de comunicación" e o seu título é "Dona Carme" (como podedes ver na foto este ano vai ser un mural permanente, porque foi feito nunha parede da E.E.I. de Louredo).

Día Internacional das Persoas con Discapacidade: "TECENDO INCLUSIÓN"
-
Con motivo do *Día Internacional das Persoas con Discapacidade*, o 3 de
decembro, a Biblioteca sumouse á conmemoración cunha *exposición temática*
que re...
Hace 1 semana

