Depois de tres anos, voltamos de novo á marabillosa paisaxe do Courel; daquela estivemos alí da man de María Mariño Carou, a quen homenaxeaban no Día das Letras Galegas 2007. E agora, tócalle a Uxío Novoneyra, co cal mantivo unha profunda amizade até a súa morte no ano 1967.
Este ano comprácenos moito homenaxear a este gran poeta, Uxío Novoneyra, poeta da sonoridade e do silencio, do silencio necesario para poder sentir a emoción dos seus versos. Animádevos a ler os seus libros de poemas que podedes atopar na biblioteca!! Recordade, en silencio!
NOVAS LECTURAS EN NOVEMBRO
-
Comezamos novembro con *novas incorporacións aos fondos da biblioteca* e
unha nova proposta do *Libro do mes en galego*. Unha oportunidade para
descubri...
Hace 6 días
