21/12/17

Calendario 2018

Comeza un novo ano e non podía faltar o calendario que levamos anos elaborando o equipo de dinamización. Os nenos e nenas do colexio elaboraron os debuxos de como lles gustaría que fose o seu patio do colexio. E así de fermoso quedou. QUE TEÑAMOS UN BO ANO!!!



NADAL 2017

Coma todos os anos, no colexio, recibimos a visita dos Reis Magos con moita ilusión, xa que sempre nos traen algún agasallo. Logo baixamos ò comedor a tomar chocolate con rosca. Tamén participamos nuns xogos de patio, os nenos e nenas de infantil, e os de primaria nun taller de Nadal.