23/2/15

Entroido 2015

O venres 13 de febreiro, celebramos no colexio o ENTROIDO, despois de botar toda a semana obedecendo as ordes do Meco. As primeiras horas da mañá, dedicámolas a facer uns talleres de aparellos de laboratorio (lupas, lentes, brúxulas,...). Continuamos coa degustación dos postres típicos do Entroido, que os/as nenos/as trouxeron das súas casas. Despois, diante do Meco (este ano unha científica moi guapa) os/as nenos/as de Primaria leron as coplas. A continuación, queimouse o Meco e por fin, puidemos bailar!!!

3/2/15

DÍA DA PAZ

Xa estamos de volta!! O 30 de xaneiro celebramos no colexio un día moi importante e que celebramos con moita ilusión, O DÍA DA PAZ!!! Os nenos de 6º fixéronnos unha presentación sobre persoas que gañaron o Nobel da Paz. Logo explicaron porque fixemos unha árbore con mazás. Queredes sabelo? Como este ano estamos traballando a ciencia, decidimos facer a árbore de Isaac Newton, para lembrar a anécdota da mazá e o descubrimento da gravidade. Nesa árbore pódese ler o lema "A conCIENCIA dun mundo en PAZ" e as mensaxes escritas nas mazás que os nenos e nenas do colexio desexan que se cumplan.

Por último, cantamos todos xuntos unha canción moi simpática, que nos gustou moito e que disfrutamos cantando e bailando: "Quérote máis" de Sonoro Maxín.