21/12/16

CALENDARIO 2017



FELICES FESTAS E BO COMEZO DE ANO!!



  Calendario 2017 by raquel on Scribd

NADAL 2016

POIS XA REMATAMOS O 1º TRIMESTRE, QUE RÁPIDO PASOU. DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO DAS PANXOLIÑAS QUE CANTARON E BAILARON OS NENOS E NENAS HOXE.
DESEXÁMOSVOS QUE TEÑADES UN BO NADAL CARGADO DE FELICIDADE.







19/11/16

MAGOSTO 2016

QUE BEN O PASAMOS NO MAGOSTO ESTE ANO, XOGAMOS E COMEMOS CASTAÑAS!!!


3/11/16

SAMAÍN 2016

Para celebrar o 31 de outubro, no colexio as familias aportaron unhas orixinais cabazas que encheron o pasillo do colexio. Cubrimos o pasillo de morcegos, arañas, pantasmas, bruxas,... Despois da hora de ler, descubrimos por fin o proxecto deste curso: "Os xogos olimpicos"; a través dun powerpoint e cantamos coa profe Elvira as cancións "Dalle ghas" e "O Samaín".

23/6/16

XORNAL LOURO Nº 47

Pois xa rematou o curso, que rápido pasou!!! Desexámosvos que pasedes un bo verán e despedimonos co Xornal Louro que este ano xa vai polo nº 47. Ata setembro!!!

Xornal Louro Nº 47

21/6/16

ARTEMOSTRA

O luns 20 de xuño,para rematar o proxecto sobre a arte, fixemos no colexio uns talleres. Mirade que artistas están feitos/as estes nenos/as!!!!

30/5/16

LETRAS GALEGAS 2016

O 19 e 20 de maio, celebramos no colexio o Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Manuel María. Visionamos un powerpoint sobre o homenaxeado, cantamos o noso rap do galego "Dalle ghas, dalle ghas" e presentamos a mascota do equipo de dinamización, "Rapers". Fixemos un recitado de poesías de Manuel María. Mirade que ben o pasamos e que recital deron os/as nenos/as!!!

12/2/16

ENTROIDO 2016

Xa estamos de volta!!! Despois do día da paz, celebramos o Entroido. E celebrámolo facendo uns talleres de marcos de cadros e puzzles, merendamos postres típicos do Entroido, fixemos un desfile, bailamos e queimamos o Meco no patio do colexio. Pasámolo moi ben!!!Deixámosvos unha pequena mostra.

3/2/16

DÍA DA PAZ

Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Polo que o venres 29 de xaneiro, celebramos o día da paz e non violencia no noso colexio, recordando a Picasso, pintor español que realizou unha serie de grabados onde os horrores de destrución da guerra vense iluminados por unha luz de paz e esperanza e tamén pintou pombas de paz. Tomando como referencia estas pombas de paz, fixemos as nosas pombas de paz e rematamos o acto cantando e bailando a canción de "Medalla de cartón" de Fito.

día da paz 2016

28/1/16

CALENDARIO 2016

Como sabedes este curso traballamos o proxecto ArtellaMOS, polo que non podía ser doutra maneira que facer o calendario relacionado coa arte. Mirade que debuxos máis bonitos fixemos e como nos quedou o calendario ao final. Esperamos que vos guste!!!

Calendario Vertical 2016

MASCOTA EQUIPO DE DINAMIZACIÓN

Este ano decidimos facer unha mascota que represente ao Equipo de Dinamización do colexio. Para elo os/as nenos/as fixeron o debuxo de como podería ser, a partir do noso rap "Dalle ghas, dalle ghas". Estes foron os debuxos finalistas e a gañadora foi o debuxo número 4: Lucía Rodríguez, coa mascota "Rapers". Grazas a todos/as os/as nenos/as por participar.

NADAL 2015

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA do C.E.I.P. Mestre Martínez Alonso desexamos que tivérades unhas felices festas e que teñades ganas DE MÁIS GALEGO!!! Así rematamos o primeiro trimestre!!!