9/4/13

"SORPRESA"

Que sorpresa levamos!!!! Onte uns amigos do colexio trouxéronnos unhas fotos moi esperadas dunha viaxe que fixeron. Como o día da paz fixemos grúas de papel, en homenaxe as víctimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial, na loita pola paz. Estes amigos levaron unha tarxeta co nome do noso colexio e uns grúas de papel feitas polos nenos ata Xapón, onde as colocaron en diferentes lugares. Aquí tendes unha mostra, espero que vos guste tanto como a nós. "Este é o noso grito, esta é a nosa plegaria: PAZ NO MUNDO"

20/2/13

ENTROIDO

Este ano no Entroido fixemos uns talleres de coroas os de E.I. e de máscaras os de E.P., logo fixemos unha merenda e baixamos ao patio onde bailamos.

Tamén recitamos unhas coplas que lle fixeron os/as nenos/as ao meco e logo decidiron queimalo. Aquí vos deixamos unha mostra.

18/2/13

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ 2.013 O 30 de xaneiro celebramos no colexio o día da Paz. Durante o mes de decembro os nenos/as estiveron pintando e facendo grúas de papel para decorar o pasillo do colexio, sen saber porque o facían. Pouco a pouco ían saíndo pistas polo pasillo, tiñan que arrancar dun contador o número de grúas que levábamos feitas. Cando chegou o día a través dunha película titulada "Sadako Sasaki Story", que podedes ver na páxina http://www.youtube.com/watch?v=x_gGP-4Cwhc, contouse a historia dunha nena xaponesa que despois de sobrevivir a bomba de Hiroshima tivo unha enfermidade e no hospital puxose a facer grúas cos papeis dos medicamentos porque lle dixeron que se facía 1.000 podía pedir un desexo. Nós chegamos as 1.000 e o día 30 pedimos un desexo. Os nenos/as maiores fixeron unha grúa xigante que se colgou no pasillo. Aínda así decidimos seguir facendo máis grúas. Aquí vos deixamos unhas fotos dese día, que por certo foi moi especial e moi bonito.

8/2/13

Exposición debuxos calendario

EXPOSICIÓN DEBUXOS CALENDARIO Este ano traballamos un poema de Mª Magdalena Domínguez (poetisa de Mos) para facer os debuxos e elexir os gañadores para poñer no calendario. Aqui vos deixamos as imaxes dos debuxos gañadores e a exposición que se fixo no colexio.

22/1/13

Visita dos Reis Magos

O día 21 de decembro os Reis Magos visitaron o noso colexio e trouxeronlle agasasos aos nenos. Logo baixamos ao comedor para tomar chocolate quentiño con rosca. ¡Que rico que estaba!

Taller de Nadal de Primaria

No Nadal os/as nenos/as de Primaria fixeron un taller de manualidades.

4/12/12

MAGOSTO

O magosto no cole O venres 16 de novembro celebramos o magosto no cole. Decoramos o pasillo coas castañas que fixemos. Asamos as castañas, comémolas, xogamos e pasámolo en grande.

20/11/12

SAMAÍN

O pasado 31 de outubro celebramos no colexio o Samaín cunha chea de actividades terroríficas: viñemos disfrazados, pintámola cara, fixemos a exposición de cabazas, a merenda terrorífica, cantamos unha canción de medo. A xornada foi un éxito absoluto e marchamos de ponte moi satisfeitos.

13/11/12

Empeza un novo curso

O mércores 12 de setembro iniciamos un novo curso. Ao longo deste curso iremos poñendo todas as actividades que se vaian realizando no colexio, esperamos que vos gusten. Ola a todos e todas. Este ano pode ser estupendo, fagamos o que poidamos en galego do bo. O Equipo de Normalización Lingüística.

2/7/12

!ENTROIDO

Que guapos estiveron todos.
Pasámolo moi ben. Fixemos caretas, desfilamos, lemos as coplas e ao final, non perdoamos ao Meco!


Todo os nenos do colexio participamos na decoración para o día da Paz. Nos paraugas puxemos os nosos desexos para unha mellor convivencia no centro. No mural escribimos unha fermosa poesía adicada a Paz


8/1/12

PARA REMATAR...FESTIVAL!

E,como non, para rematar o día fixemos un pequeno festival no que os alumnos cantaron panxoliñas en varias linguas: galego, inglés e castelán. fixérono moi ben.
Aquí tedes unha pequena mostra.

BO NADAL E FELIZ 2012




E DESPOIS DOS REIS..........

CHOCOLATE!...QUE RICOOOO!




E CHEGARON OS REIS MAGOS!

Expresamos os nosos desexos,dixemos o bos que somos e, regaláronnos un libro!
Foi imposible cargar todalas fotos, pero, polo menos, si os grupos.






ADORNAMOS O COLE

Este Nadal adornamos o cole con diferentes motivos. Abundan as árbores e os Papa Noeis. Para o ano poñeremos aos Reis Magos.



RESPOSTA ÁS FELICITACIÓNS

Os nenos de 2º recibiron as postais procedentes dás alumnas e alumnos do CEIP Pena de Francia.

Moitas gracias a tódalas nenas e nenos por participar.



INTERCAMBIO DE FELICITACIÓNS DE NADAL

Os alumnos de 2ºde EP fixeron felicitacións para intercambiar cos alumnos do CEIP Pena de Francia.


CALENDARIO 2012

Aquí van os traballos que tan ben fixeron os alumnos do noso centro para decorar o calendario. Nestas fotos, pódese ler o que os alumnos escribiron.


8/12/11

MERENDA TERRORÍFICA

Foi de novo un gran éxito de participación. Os alumnos de EI e 1ºN de EP participaron activamente na elaboración das figuras terroríficas e, non menos, na súa degustación.

27/11/11

SAMAÍN

Comenzamos este curso 2011-2012 coa celebración do SAMAÍN. Coma os anos anteriores, fíxose unha exposición de cabazas na que participaron os alumnos con un gran exito de participación.


FELICITACIÓNS A TODOS




1/6/11

O pasado mes de maio celebramos como cada ano a semana cultural, empezamos co cine en galego dende a biblioteca. O xoves os nenos e nenas de 6º convertéronse en contacontos, elixiron para os máis pequenos o Sacapenas e para os maiores A nena paxaro
O Luns 16 celebramos o festival das Letras Galegas no que presentamos o Conto viaxeiro “A poción máxica de Oliver“ musicado e narrado polos nenos de 6º, 5º e 4º, coñecemos algo máis sobre Lois Pereiro a través das voces dos nenos e nenas de educación infantil. O grupo de 4 tamén quixo participar cuns poemas sobre as letras do abecedario e por último entregáronse os premios do certame literario. A continuación deixámosvos as fotos para que recordedes todos os actos.







11/4/11

ENTROIDO 2011

Ola a tod@s! Aquí vos deixamos as fotos da festa do entroido. Os nenos e nenas de educación infantil tiñan como temática Exipto, xa que é o proxecto que están levando a cabo. Os nenos e nenas de educación primaria tiñan a temática libre, todos estaban moi guapos e divertidos. Pola mañá levamos a cabo un taller de comadres e compadres, quedaron moi orixinais. Despois recuperamos forzas cunha merenda típica de Entroido, gracias a colaboración de todas as familias que enviaron deliciosos doces. Por último, celebramos o tradicional baile.