4/11/13

SAMAÍN 2013

O 30 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Este ano decoramos o pasillo e colocamos as cabazas que os nenos fixeron cos seus pais na casa. No comedor celebramos a "Merenda Terrorífica" e despois do recreo cantamos e dramatizamos no pasillo a canción de "Corre, corre, cabaciña". Pasámolo moi ben!!!

13/9/13

BENVIDA CURSO 2013-2014

Bos días, somos o equipo de Normalización Lingüística, seguiremos subindo ao blog todas as actividades realizadas e queremos desexarvos un bo comezo de curso 2013-2014.

19/6/13

XORNAL LOURO Nº 44

Chegou o fin de curso e coma todos os anos dende o Equipo de Normalización Lingüística sacamos a luz o xornal Louro este ano vai polo nº 44. Esperamos que vos guste. Dende o Equipo de Normalización;desexarvos unhas felices vacacións de verán e ata setembro.

XORNAL by racehuma

6/6/13

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

Durante a semana do 10 ao 16 de maio no colexio tivemos diversos actos para celebrar o Día das Letras Galegas que este ano adicouse a Roberto Vidal Bolaño.
O martes 14 de maio tivemos sesión de Cine en galego coa colaboración da biblioteca, proxectouse “Contos no camino” para Infantil e 1º de Primaria e para 2º e 3º ciclo “Pinocho 3.000”
O mércores 15 houbo contacontos “Cocorico” e “Lobo feroz”.
E o xoves 16 fíxose unha festa onde puidemos disfrutar dunha pequena obra de teatro, a recitación de poemas. Escoitar a unhas nenas tocar a gaita. O visionado da vida e obra de Roberto Vidal Bolaño. Tivemos a sorte de contar coa poetísa de Mos Mª Magdalena Domínguez que falou cos nenos, asinou libros e recitou algún dos seus poemas. Deronse os premios do Certame Literario, que foron os seguintes:

INFANTIL: mural colectivo “A vida no campo”

1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º PREMIO: SHEILA GIL RODRÍGUEZ (1º E.P.)
2º PREMIO: LUCÍA MERCEDES RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (1º E.P.)
3º PREMIO: NOA (2º E.P.)

2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º PREMIO: JAVIER VARELA FRANCISCO (4º B)
2º PREMIO: AINHOA CAMPOS (3º A)
3º PREMIO: ISAIAS GIL RODRÍGUEZ (4º A)

3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º PREMIO: MARTA SÁNCHEZ FERREIRA (6º B)
2º PREMIO: ALBA IGLESIAS (6º A)
3º PREMIO: SOFÍA GUIRALDEZ (6º A)

ACCÉSIT: RUI SÍO DOMÍNGUEZ (3º B)













9/5/13

CONTOCHE UN CONTO

Aquí vos deixamos unhas fotos do conto realizado polos/as nenos/as de 5 anos A e B e os/as nenos/as de 6º A e B. Os de 5 anos contáronlle o conto titulado "Frederick" aos de 6º, e estes redactaron e debuxaron o que escoitaron. Este libro pasará a biblioteca do colexio para que todos/as o vexades. Esperamos que vos guste.

9/4/13

"SORPRESA"

Que sorpresa levamos!!!! Onte uns amigos do colexio trouxéronnos unhas fotos moi esperadas dunha viaxe que fixeron. Como o día da paz fixemos grúas de papel, en homenaxe as víctimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial, na loita pola paz. Estes amigos levaron unha tarxeta co nome do noso colexio e uns grúas de papel feitas polos nenos ata Xapón, onde as colocaron en diferentes lugares. Aquí tendes unha mostra, espero que vos guste tanto como a nós. "Este é o noso grito, esta é a nosa plegaria: PAZ NO MUNDO"

20/2/13

ENTROIDO

Este ano no Entroido fixemos uns talleres de coroas os de E.I. e de máscaras os de E.P., logo fixemos unha merenda e baixamos ao patio onde bailamos.

Tamén recitamos unhas coplas que lle fixeron os/as nenos/as ao meco e logo decidiron queimalo. Aquí vos deixamos unha mostra.

18/2/13

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ 2.013 O 30 de xaneiro celebramos no colexio o día da Paz. Durante o mes de decembro os nenos/as estiveron pintando e facendo grúas de papel para decorar o pasillo do colexio, sen saber porque o facían. Pouco a pouco ían saíndo pistas polo pasillo, tiñan que arrancar dun contador o número de grúas que levábamos feitas. Cando chegou o día a través dunha película titulada "Sadako Sasaki Story", que podedes ver na páxina http://www.youtube.com/watch?v=x_gGP-4Cwhc, contouse a historia dunha nena xaponesa que despois de sobrevivir a bomba de Hiroshima tivo unha enfermidade e no hospital puxose a facer grúas cos papeis dos medicamentos porque lle dixeron que se facía 1.000 podía pedir un desexo. Nós chegamos as 1.000 e o día 30 pedimos un desexo. Os nenos/as maiores fixeron unha grúa xigante que se colgou no pasillo. Aínda así decidimos seguir facendo máis grúas. Aquí vos deixamos unhas fotos dese día, que por certo foi moi especial e moi bonito.

8/2/13

Exposición debuxos calendario

EXPOSICIÓN DEBUXOS CALENDARIO Este ano traballamos un poema de Mª Magdalena Domínguez (poetisa de Mos) para facer os debuxos e elexir os gañadores para poñer no calendario. Aqui vos deixamos as imaxes dos debuxos gañadores e a exposición que se fixo no colexio.

22/1/13

Visita dos Reis Magos

O día 21 de decembro os Reis Magos visitaron o noso colexio e trouxeronlle agasasos aos nenos. Logo baixamos ao comedor para tomar chocolate quentiño con rosca. ¡Que rico que estaba!

Taller de Nadal de Primaria

No Nadal os/as nenos/as de Primaria fixeron un taller de manualidades.

4/12/12

MAGOSTO

O magosto no cole O venres 16 de novembro celebramos o magosto no cole. Decoramos o pasillo coas castañas que fixemos. Asamos as castañas, comémolas, xogamos e pasámolo en grande.

20/11/12

SAMAÍN

O pasado 31 de outubro celebramos no colexio o Samaín cunha chea de actividades terroríficas: viñemos disfrazados, pintámola cara, fixemos a exposición de cabazas, a merenda terrorífica, cantamos unha canción de medo. A xornada foi un éxito absoluto e marchamos de ponte moi satisfeitos.

13/11/12

Empeza un novo curso

O mércores 12 de setembro iniciamos un novo curso. Ao longo deste curso iremos poñendo todas as actividades que se vaian realizando no colexio, esperamos que vos gusten. Ola a todos e todas. Este ano pode ser estupendo, fagamos o que poidamos en galego do bo. O Equipo de Normalización Lingüística.

2/7/12

!ENTROIDO

Que guapos estiveron todos.
Pasámolo moi ben. Fixemos caretas, desfilamos, lemos as coplas e ao final, non perdoamos ao Meco!


Todo os nenos do colexio participamos na decoración para o día da Paz. Nos paraugas puxemos os nosos desexos para unha mellor convivencia no centro. No mural escribimos unha fermosa poesía adicada a Paz


8/1/12

PARA REMATAR...FESTIVAL!

E,como non, para rematar o día fixemos un pequeno festival no que os alumnos cantaron panxoliñas en varias linguas: galego, inglés e castelán. fixérono moi ben.
Aquí tedes unha pequena mostra.

BO NADAL E FELIZ 2012




E DESPOIS DOS REIS..........

CHOCOLATE!...QUE RICOOOO!




E CHEGARON OS REIS MAGOS!

Expresamos os nosos desexos,dixemos o bos que somos e, regaláronnos un libro!
Foi imposible cargar todalas fotos, pero, polo menos, si os grupos.






ADORNAMOS O COLE

Este Nadal adornamos o cole con diferentes motivos. Abundan as árbores e os Papa Noeis. Para o ano poñeremos aos Reis Magos.



RESPOSTA ÁS FELICITACIÓNS

Os nenos de 2º recibiron as postais procedentes dás alumnas e alumnos do CEIP Pena de Francia.

Moitas gracias a tódalas nenas e nenos por participar.



INTERCAMBIO DE FELICITACIÓNS DE NADAL

Os alumnos de 2ºde EP fixeron felicitacións para intercambiar cos alumnos do CEIP Pena de Francia.


CALENDARIO 2012

Aquí van os traballos que tan ben fixeron os alumnos do noso centro para decorar o calendario. Nestas fotos, pódese ler o que os alumnos escribiron.