12/2/16

ENTROIDO 2016

Xa estamos de volta!!! Despois do día da paz, celebramos o Entroido. E celebrámolo facendo uns talleres de marcos de cadros e puzzles, merendamos postres típicos do Entroido, fixemos un desfile, bailamos e queimamos o Meco no patio do colexio. Pasámolo moi ben!!!Deixámosvos unha pequena mostra.

3/2/16

DÍA DA PAZ

Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Polo que o venres 29 de xaneiro, celebramos o día da paz e non violencia no noso colexio, recordando a Picasso, pintor español que realizou unha serie de grabados onde os horrores de destrución da guerra vense iluminados por unha luz de paz e esperanza e tamén pintou pombas de paz. Tomando como referencia estas pombas de paz, fixemos as nosas pombas de paz e rematamos o acto cantando e bailando a canción de "Medalla de cartón" de Fito.

día da paz 2016

28/1/16

CALENDARIO 2016

Como sabedes este curso traballamos o proxecto ArtellaMOS, polo que non podía ser doutra maneira que facer o calendario relacionado coa arte. Mirade que debuxos máis bonitos fixemos e como nos quedou o calendario ao final. Esperamos que vos guste!!!

Calendario Vertical 2016

MASCOTA EQUIPO DE DINAMIZACIÓN

Este ano decidimos facer unha mascota que represente ao Equipo de Dinamización do colexio. Para elo os/as nenos/as fixeron o debuxo de como podería ser, a partir do noso rap "Dalle ghas, dalle ghas". Estes foron os debuxos finalistas e a gañadora foi o debuxo número 4: Lucía Rodríguez, coa mascota "Rapers". Grazas a todos/as os/as nenos/as por participar.

NADAL 2015

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA do C.E.I.P. Mestre Martínez Alonso desexamos que tivérades unhas felices festas e que teñades ganas DE MÁIS GALEGO!!! Así rematamos o primeiro trimestre!!!

11/12/15

MAGOSTO 2015

Colaboramos co Equipo de Actividades, no magosto facendo uns cadros sobre o outono, mirade que boniiiiitos nos quedaron!!! E como non participamos nos xogos e comimos castañas.

11/11/15

SAMAÍN 2015

Aqui vos deixamos unha mostra do que foi este ano o Samaín no colexio. Pasámolo de medo e gozamos como artistas.

18/9/15

CURSO 2015-2016

Con esta imaxe damos por inagurado o curso escolar no CEIP Mestre Martínez Alonso. Dende este blog damos a benvida a todol@s nen@s, pois un cole sin eles non ten vida.

5/6/15

XORNAL LOURO Nº 46

Un ano máis rematamos o curso co xornal escolar. Que pasedes unhas felices vacacións de verán!!! E ata a volta.

xornal louro nº 46

I FEIRA CIENTÍFICA

Xa temos as fotografías da 1ª feira científica!!! Este ano no colexio traballamos a ciencia e decidimos facer unha feira científica, con stands, onde cada clase explicou as demáis un experimento traballado. Esperamos que vos gusten, os/as nenos/as pasarono moi ben e aprenderon moito.

20/5/15

LETRAS GALEGAS 2015

Outro ano celebrando o día das Letras Galegas!!! Este ano como era domingo, no colexio celebrámolo o venres 15, e queremos compartir convosco o día tan especial que vivimos no pasillo do colexio, pois celebrámolo todos xuntos. Tivemos tempo para homenaxear ao escritor, historiador, político e etnógrafo Xosé Fernando Filgueira Valverde, cantar un rap en defensa da lingua galega(que marabilla escoitar uns galegos cantar!!) e visionar o vídeo feito polos nenos e nenas de 3º B sobre Rosalía, para lembrar o seu 178 aniversario. Tamén tivemos contacontos "O pirata Calabrote" e a 1ª mostra de ciencia(ou feira científica). Esperamos que vos guste!!!

4/3/15

24 de febreiro día de Rosalía

Mirade e escoitade o que os/as nenos/as de 3º fixeron o 24 de febreiro para celebrar o día de Rosalía.

23/2/15

Entroido 2015

O venres 13 de febreiro, celebramos no colexio o ENTROIDO, despois de botar toda a semana obedecendo as ordes do Meco. As primeiras horas da mañá, dedicámolas a facer uns talleres de aparellos de laboratorio (lupas, lentes, brúxulas,...). Continuamos coa degustación dos postres típicos do Entroido, que os/as nenos/as trouxeron das súas casas. Despois, diante do Meco (este ano unha científica moi guapa) os/as nenos/as de Primaria leron as coplas. A continuación, queimouse o Meco e por fin, puidemos bailar!!!

3/2/15

DÍA DA PAZ

Xa estamos de volta!! O 30 de xaneiro celebramos no colexio un día moi importante e que celebramos con moita ilusión, O DÍA DA PAZ!!! Os nenos de 6º fixéronnos unha presentación sobre persoas que gañaron o Nobel da Paz. Logo explicaron porque fixemos unha árbore con mazás. Queredes sabelo? Como este ano estamos traballando a ciencia, decidimos facer a árbore de Isaac Newton, para lembrar a anécdota da mazá e o descubrimento da gravidade. Nesa árbore pódese ler o lema "A conCIENCIA dun mundo en PAZ" e as mensaxes escritas nas mazás que os nenos e nenas do colexio desexan que se cumplan.

Por último, cantamos todos xuntos unha canción moi simpática, que nos gustou moito e que disfrutamos cantando e bailando: "Quérote máis" de Sonoro Maxín.

23/11/14

MAGOSTO

Pensábamos que este ano non teríamos magosto, como choveeeu. Pero ao final o venres 21 de novembro, celebrámolo. Primeiro experimentamos coas castañas, fixemos unhas receitas con elas e decoramos o colexio. Logo participamos nos xogos populares que organiza o Equipo de Actividades e por último comemos castañas asadas. Que ben o pasamos!!! Aqui vos deixamos unha pequena mostra.

30/10/14

SAMAÍN 2014

Este ano no colexio imos aprender cousas sobre ciencia, para iso faremos un proxecto titulado "XogaMOS coa ciencia". Para presentar o proxecto que mellor festa que o Samaín. Os nenos e nenas de 6º fixeron a presentación, que "MARABILLA". Logo cantamos unha canción de pantasmas.Que ben o pasamos !!! Os nenos e nenas viñeron disfrazados, e o mellor as cabazas que os papás prepararon cos nenos nas súas casas. MIRADE, MIRADE...

23/9/14

Volta ao cole!!!

O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega quere desexarvos un feliz comezo de curso. Convidámosvos a que o pasedes ben e gocedes empregando a lingua de noso, o galego.

24/3/14

ENTROIDO

O 28 de febreiro celebramos o Entroido este ano relacionado coa música. Obedecemos as ordes do Meco, fixemos uns obradoiros de instrumentos musicais, degustamos postres típicos do Entroido e fixemos un baile. O día 7 de marzo, fixemos as coplas en forma de regueifa e queimamos o Meco. Aqui vos deixamos unha mostra.

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o día da paz no colexio, colaborando co Equipo de Actividades. Esto foi o que se fixo. Espero que vos guste.

11/1/14

NADAL

Este Nadal traballamos a figura do Apalpador. Descubrimos quen era este personaxe a través de pistas. Tivemos contacontos, a visita dos Reis Magos de Oriente e chocolatada no comedor do colexio. Mirade, mirade,....

10/1/14

MAGOSTO

Coma todos os anos celebramos a festa do magosto. Decoramos o colexio, participamos nos xogos populares que organiza o Equipo de Actividades e comemos castañas asadas. Que ben o pasamos!

4/11/13

SAMAÍN 2013

O 30 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Este ano decoramos o pasillo e colocamos as cabazas que os nenos fixeron cos seus pais na casa. No comedor celebramos a "Merenda Terrorífica" e despois do recreo cantamos e dramatizamos no pasillo a canción de "Corre, corre, cabaciña". Pasámolo moi ben!!!

13/9/13

BENVIDA CURSO 2013-2014

Bos días, somos o equipo de Normalización Lingüística, seguiremos subindo ao blog todas as actividades realizadas e queremos desexarvos un bo comezo de curso 2013-2014.

19/6/13

XORNAL LOURO Nº 44

Chegou o fin de curso e coma todos os anos dende o Equipo de Normalización Lingüística sacamos a luz o xornal Louro este ano vai polo nº 44. Esperamos que vos guste. Dende o Equipo de Normalización;desexarvos unhas felices vacacións de verán e ata setembro.

XORNAL by racehuma

6/6/13

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

Durante a semana do 10 ao 16 de maio no colexio tivemos diversos actos para celebrar o Día das Letras Galegas que este ano adicouse a Roberto Vidal Bolaño.
O martes 14 de maio tivemos sesión de Cine en galego coa colaboración da biblioteca, proxectouse “Contos no camino” para Infantil e 1º de Primaria e para 2º e 3º ciclo “Pinocho 3.000”
O mércores 15 houbo contacontos “Cocorico” e “Lobo feroz”.
E o xoves 16 fíxose unha festa onde puidemos disfrutar dunha pequena obra de teatro, a recitación de poemas. Escoitar a unhas nenas tocar a gaita. O visionado da vida e obra de Roberto Vidal Bolaño. Tivemos a sorte de contar coa poetísa de Mos Mª Magdalena Domínguez que falou cos nenos, asinou libros e recitou algún dos seus poemas. Deronse os premios do Certame Literario, que foron os seguintes:

INFANTIL: mural colectivo “A vida no campo”

1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º PREMIO: SHEILA GIL RODRÍGUEZ (1º E.P.)
2º PREMIO: LUCÍA MERCEDES RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (1º E.P.)
3º PREMIO: NOA (2º E.P.)

2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º PREMIO: JAVIER VARELA FRANCISCO (4º B)
2º PREMIO: AINHOA CAMPOS (3º A)
3º PREMIO: ISAIAS GIL RODRÍGUEZ (4º A)

3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º PREMIO: MARTA SÁNCHEZ FERREIRA (6º B)
2º PREMIO: ALBA IGLESIAS (6º A)
3º PREMIO: SOFÍA GUIRALDEZ (6º A)

ACCÉSIT: RUI SÍO DOMÍNGUEZ (3º B)