-
20/2/13
ENTROIDO
Este ano no Entroido fixemos uns talleres de coroas os de E.I. e de máscaras os de E.P., logo fixemos unha merenda e baixamos ao patio onde bailamos.
Tamén recitamos unhas coplas que lle fixeron os/as nenos/as ao meco e logo decidiron queimalo. Aquí vos deixamos unha mostra.
18/2/13
DÍA DA PAZ
DÍA DA PAZ 2.013
O 30 de xaneiro celebramos no colexio o día da Paz.
Durante o mes de decembro os nenos/as estiveron pintando e facendo grúas de papel para decorar o pasillo do colexio, sen saber porque o facían. Pouco a pouco ían saíndo pistas polo pasillo, tiñan que arrancar dun contador o número de grúas que levábamos feitas.
Cando chegou o día a través dunha película titulada "Sadako Sasaki Story", que podedes ver na páxina http://www.youtube.com/watch?v=x_gGP-4Cwhc, contouse a historia dunha nena xaponesa que despois de sobrevivir a bomba de Hiroshima tivo unha enfermidade e no hospital puxose a facer grúas cos papeis dos medicamentos porque lle dixeron que se facía 1.000 podía pedir un desexo.
Nós chegamos as 1.000 e o día 30 pedimos un desexo. Os nenos/as maiores fixeron unha grúa xigante que se colgou no pasillo. Aínda así decidimos seguir facendo máis grúas.
Aquí vos deixamos unhas fotos dese día, que por certo foi moi especial e moi bonito.
8/2/13
Exposición debuxos calendario
EXPOSICIÓN DEBUXOS CALENDARIO
Este ano traballamos un poema de Mª Magdalena Domínguez (poetisa de Mos) para facer os debuxos e elexir os gañadores para poñer no calendario.
Aqui vos deixamos as imaxes dos debuxos gañadores e a exposición que se fixo no colexio.
22/1/13
Visita dos Reis Magos
O día 21 de decembro os Reis Magos visitaron o noso colexio e trouxeronlle agasasos aos nenos. Logo baixamos ao comedor para tomar chocolate quentiño con rosca. ¡Que rico que estaba!
4/12/12
MAGOSTO
O magosto no cole
O venres 16 de novembro celebramos o magosto no cole. Decoramos o pasillo coas castañas que fixemos. Asamos as castañas, comémolas, xogamos e pasámolo en grande.
20/11/12
SAMAÍN
O pasado 31 de outubro celebramos no colexio o Samaín cunha chea de actividades terroríficas: viñemos disfrazados, pintámola cara, fixemos a exposición de cabazas, a merenda terrorífica, cantamos unha canción de medo.
A xornada foi un éxito absoluto e marchamos de ponte moi satisfeitos.
13/11/12
Empeza un novo curso
O mércores 12 de setembro iniciamos un novo curso. Ao longo deste curso iremos poñendo todas as actividades que se vaian realizando no colexio, esperamos que vos gusten.
Ola a todos e todas. Este ano pode ser estupendo, fagamos o que poidamos en galego do bo.
O Equipo de Normalización Lingüística.
2/7/12
8/1/12
PARA REMATAR...FESTIVAL!
E,como non, para rematar o día fixemos un pequeno festival no que os alumnos cantaron panxoliñas en varias linguas: galego, inglés e castelán. fixérono moi ben.
Aquí tedes unha pequena mostra.
BO NADAL E FELIZ 2012
Aquí tedes unha pequena mostra.
BO NADAL E FELIZ 2012
E CHEGARON OS REIS MAGOS!
Expresamos os nosos desexos,dixemos o bos que somos e, regaláronnos un libro!
Foi imposible cargar todalas fotos, pero, polo menos, si os grupos.
Foi imposible cargar todalas fotos, pero, polo menos, si os grupos.
ADORNAMOS O COLE
Este Nadal adornamos o cole con diferentes motivos. Abundan as árbores e os Papa Noeis. Para o ano poñeremos aos Reis Magos.
RESPOSTA ÁS FELICITACIÓNS
Os nenos de 2º recibiron as postais procedentes dás alumnas e alumnos do CEIP Pena de Francia.
Moitas gracias a tódalas nenas e nenos por participar.
Moitas gracias a tódalas nenas e nenos por participar.
CALENDARIO 2012
Aquí van os traballos que tan ben fixeron os alumnos do noso centro para decorar o calendario. Nestas fotos, pódese ler o que os alumnos escribiron.
8/12/11
27/11/11
SAMAÍN
Comenzamos este curso 2011-2012 coa celebración do SAMAÍN. Coma os anos anteriores, fíxose unha exposición de cabazas na que participaron os alumnos con un gran exito de participación.
FELICITACIÓNS A TODOS
FELICITACIÓNS A TODOS
1/6/11
O pasado mes de maio celebramos como cada ano a semana cultural, empezamos co cine en galego dende a biblioteca. O xoves os nenos e nenas de 6º convertéronse en contacontos, elixiron para os máis pequenos o Sacapenas e para os maiores A nena paxaro
O Luns 16 celebramos o festival das Letras Galegas no que presentamos o Conto viaxeiro “A poción máxica de Oliver“ musicado e narrado polos nenos de 6º, 5º e 4º, coñecemos algo máis sobre Lois Pereiro a través das voces dos nenos e nenas de educación infantil. O grupo de 4 tamén quixo participar cuns poemas sobre as letras do abecedario e por último entregáronse os premios do certame literario. A continuación deixámosvos as fotos para que recordedes todos os actos.
12/4/11
11/4/11
ENTROIDO 2011
Ola a tod@s! Aquí vos deixamos as fotos da festa do entroido. Os nenos e nenas de educación infantil tiñan como temática Exipto, xa que é o proxecto que están levando a cabo. Os nenos e nenas de educación primaria tiñan a temática libre, todos estaban moi guapos e divertidos. Pola mañá levamos a cabo un taller de comadres e compadres, quedaron moi orixinais. Despois recuperamos forzas cunha merenda típica de Entroido, gracias a colaboración de todas as familias que enviaron deliciosos doces. Por último, celebramos o tradicional baile.
31/1/11
CONTOCHE UN CONTO
Ola amigos e amigas, a continuación tedes as fotos da actividade Cóntoche un conto, na que os nenos de 5 anos de educación infantil convertéronse en narradores do conto Cabaza cabaciña, os seus oíntes foron os alumnos e alumnas de 6º de educación primaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)