Para celebrar o 31 de outubro, no colexio as familias aportaron unhas orixinais cabazas que encheron o pasillo do colexio. Cubrimos o pasillo de morcegos, arañas, pantasmas, bruxas,... Despois da hora de ler, descubrimos por fin o proxecto deste curso: "Os xogos olimpicos"; a través dun powerpoint e cantamos coa profe Elvira as cancións "Dalle ghas" e "O Samaín".
Pois xa rematou o curso, que rápido pasou!!! Desexámosvos que pasedes un bo verán e despedimonos co Xornal Louro que este ano xa vai polo nº 47. Ata setembro!!!
O 19 e 20 de maio, celebramos no colexio o Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Manuel María. Visionamos un powerpoint sobre o homenaxeado, cantamos o noso rap do galego "Dalle ghas, dalle ghas" e presentamos a mascota do equipo de dinamización, "Rapers". Fixemos un recitado de poesías de Manuel María. Mirade que ben o pasamos e que recital deron os/as nenos/as!!!
Xa estamos de volta!!! Despois do día da paz, celebramos o Entroido. E celebrámolo facendo uns talleres de marcos de cadros e puzzles, merendamos postres típicos do Entroido, fixemos un desfile, bailamos e queimamos o Meco no patio do colexio. Pasámolo moi ben!!!Deixámosvos unha pequena mostra.
Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.
Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Polo que o venres 29 de xaneiro, celebramos o día da paz e non violencia no noso colexio, recordando a Picasso, pintor español que realizou unha serie de grabados onde os horrores de destrución da guerra vense iluminados por unha luz de paz e esperanza e tamén pintou pombas de paz. Tomando como referencia estas pombas de paz, fixemos as nosas pombas de paz e rematamos o acto cantando e bailando a canción de "Medalla de cartón" de Fito.
Como sabedes este curso traballamos o proxecto ArtellaMOS, polo que non podía ser doutra maneira que facer o calendario relacionado coa arte. Mirade que debuxos máis bonitos fixemos e como nos quedou o calendario ao final. Esperamos que vos guste!!!
Este ano decidimos facer unha mascota que represente ao Equipo de Dinamización do colexio. Para elo os/as nenos/as fixeron o debuxo de como podería ser, a partir do noso rap "Dalle ghas, dalle ghas". Estes foron os debuxos finalistas e a gañadora foi o debuxo número 4: Lucía Rodríguez, coa mascota "Rapers". Grazas a todos/as os/as nenos/as por participar.
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA do C.E.I.P. Mestre Martínez Alonso desexamos que tivérades unhas felices festas e que teñades ganas DE MÁIS GALEGO!!!
Así rematamos o primeiro trimestre!!!
Colaboramos co Equipo de Actividades, no magosto facendo uns cadros sobre o outono, mirade que boniiiiitos nos quedaron!!! E como non participamos nos xogos e comimos castañas.
Con esta imaxe damos por inagurado o curso escolar no CEIP Mestre Martínez Alonso.
Dende este blog damos a benvida a todol@s nen@s, pois un cole sin eles non ten vida.
Xa temos as fotografías da 1ª feira científica!!! Este ano no colexio traballamos a ciencia e decidimos facer unha feira científica, con stands, onde cada clase explicou as demáis un experimento traballado. Esperamos que vos gusten, os/as nenos/as pasarono moi ben e aprenderon moito.
Outro ano celebrando o día das Letras Galegas!!! Este ano como era domingo, no colexio celebrámolo o venres 15, e queremos compartir convosco o día tan especial que vivimos no pasillo do colexio, pois celebrámolo todos xuntos.
Tivemos tempo para homenaxear ao escritor, historiador, político e etnógrafo Xosé Fernando Filgueira Valverde, cantar un rap en defensa da lingua galega(que marabilla escoitar uns galegos cantar!!) e visionar o vídeo feito polos nenos e nenas de 3º B sobre Rosalía, para lembrar o seu 178 aniversario.
Tamén tivemos contacontos "O pirata Calabrote" e a 1ª mostra de ciencia(ou feira científica). Esperamos que vos guste!!!
O venres 13 de febreiro, celebramos no colexio o ENTROIDO, despois de botar toda a semana obedecendo as ordes do Meco. As primeiras horas da mañá, dedicámolas a facer uns talleres de aparellos de laboratorio (lupas, lentes, brúxulas,...). Continuamos coa degustación dos postres típicos do Entroido, que os/as nenos/as trouxeron das súas casas. Despois, diante do Meco (este ano unha científica moi guapa) os/as nenos/as de Primaria leron as coplas. A continuación, queimouse o Meco e por fin, puidemos bailar!!!
Xa estamos de volta!! O 30 de xaneiro celebramos no colexio un día moi importante e que celebramos con moita ilusión, O DÍA DA PAZ!!! Os nenos de 6º fixéronnos unha presentación sobre persoas que gañaron o Nobel da Paz.
Logo explicaron porque fixemos unha árbore con mazás. Queredes sabelo? Como este ano estamos traballando a ciencia, decidimos facer a árbore de Isaac Newton, para lembrar a anécdota da mazá e o descubrimento da gravidade. Nesa árbore pódese ler o lema "A conCIENCIA dun mundo en PAZ" e as mensaxes escritas nas mazás que os nenos e nenas do colexio desexan que se cumplan.
Por último, cantamos todos xuntos unha canción moi simpática, que nos gustou moito e que disfrutamos cantando e bailando:
"Quérote máis" de Sonoro Maxín.
Pensábamos que este ano non teríamos magosto, como choveeeu. Pero ao final o venres 21 de novembro, celebrámolo. Primeiro experimentamos coas castañas, fixemos unhas receitas con elas e decoramos o colexio. Logo participamos nos xogos populares que organiza o Equipo de Actividades e por último comemos castañas asadas. Que ben o pasamos!!! Aqui vos deixamos unha pequena mostra.
Este ano no colexio imos aprender cousas sobre ciencia, para iso faremos un proxecto titulado "XogaMOS coa ciencia". Para presentar o proxecto que mellor festa que o Samaín. Os nenos e nenas de 6º fixeron a presentación, que "MARABILLA". Logo cantamos unha canción de pantasmas.Que ben o pasamos !!! Os nenos e nenas viñeron disfrazados, e o mellor as cabazas que os papás prepararon cos nenos nas súas casas. MIRADE, MIRADE...
O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega quere desexarvos un feliz comezo de curso. Convidámosvos a que o pasedes ben e gocedes empregando a lingua de noso, o galego.
Somos o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do C.E.I.P. Mestre Martínez Alonso de
Mos, un grupiño de xente, que xunto con todo o profesorado do "cole", intenta darlle un pulo ao galego e a nosa cultura.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN
-
O curso chegou ao seu fin, e con el péchanse moitas páxinas cheas de
aprendizaxes, risas, descubrimentos e lecturas compartidas. Dende a
biblioteca esco...
RATIÑO E RATIÑA XA ESTÁN AQUÍ DE NOVO!
-
Ola a todos!
Xa estamos aquí de novo e traemos moitas novas que contarvos!
Para empezar e por se non o sabedes (que algún de vos é moi despistado) xa
está...
Se queres colaborar con nós en atopar a orixe dos topónimos do noso concello, só tes que apuntar a procedencia do topónimo, mesmo daqueles que xa non se usan ou foron substituídos. Poden ser nomes de lugares, parroquias, muíños, camiños...
IV CERTAME LITERARIO
Este ano houbo moita participación e non foi doado elixir entre tantos traballos, pero só algúns podían gañar. Os seus traballos serán publicados, como xa é costume, no xornal Louro.
Conto Viaxeiro 2008
O novo conto xa está en marcha!! Douvos un anticipo, este ano está relacionado co mar e con moitos e orixinais persoaxes. A ver ónde nos leva a imaxinación dos nosos alumnos e alumnas!!
Conto viaxeiro 2008
O noso novo conto xa rematou e pronto vos colgarei o vídeo que puidemos ver o Día Internacional do Libro. Este ano xa sabedes que esta caracterizado polo romanticismo e o altruísmo, é dicir, a axuda incondicional.
Letras Galegas 2008
Este ano o homenaxeado será Xosé María Álvarez Blázquez, persoeiro da nosa cultura que traballou a prol da edición de obras en galego. Tamén foi escritor e poeta.
SEMANA CULTURAL 2008
Na Semana Cultural 2008 contamos con dous invitados moi importantes dentro do ámbito cultural e sobre todo literario: Abraham Carreiro e Fina Casalderrey. O primeiro amosoulles aos máis pequenos cómo podemos ilustrar os contos e a devandita autora comentou os seus libros co alumnado de 2º e 3º ciclo. Os noso alumnado de 5º e 6º visitaron o xornal "Faro de Vigo" para coñecer de cerca unha actividade moi relacionada co autor homenaxeado, é dicir, a edición. Tivemos tamén, na súa terceira edición, "Cine en Galego"; entrega de premios do IV Certame Literario; teatro a cargo dos nenos de 1º A e B...
Visita de Fina Casalderrey
Na nosa Semana Cultual 2008 o alumnado do 2º e 3º ciclo poderán coñecer en persoa a Fina Casalderrey. Con ela falarán dos seus libros e das súas inquedanzas, proxectos... e concretamente dos seus libros titulados: "Quen me quere adoptar?", "A lagoa das nenas mudas"; "Chamizo" e "Asústaste, Merche" que lerán os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º nivel respectivamente.
As Estrelas da Amizade
Se queredes ver o noso conto do último ano " As Estrelas da Amizade" só tendes que pasar pola biblioteca; pero se queredes un aperitivo, aquí vai unha chea de imaxes que acompañan ao texto. Esta montaxe esta feita cos vosos debuxos, espero que vos guste. O Día do Libro celebrarase a súa presentación na biblioteca, onde haberá moitas estreliñas!
Día das Letras Galegas 2007
O ano pasado a homenaxeada neste día foi María Mariño, unha muller moi estraña, pero cunha grande sensibilidade poética. Aquí presentamos a esta poeta cunha reportaxe fotográfica na que abondan moitas estampas do Courel, terra na que viviu moitos anos co seu marido e onde coñeceu ao seu gran amigo Uxío Novoneyra.
Visita de autores na Semana Cultural 2007
O ano pasado tivemos o honor de contar coa visita do ilustrador Anxo Fariña, que nos amosou como todos somos quen de debuxar a don Quixote, e tamén do recoñecido escritor que acaba de acadar un novo premio, Antonio García Teijeiro, autor que nos ensinou a pensar co corazón.
As pedras de Mos falan galego
Este curso imos de roteiro, polo menos os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo, xa que para os máis pequenos pode ser moi canso. Tentaremos descubrir eses caprichos da natureza: pedras que ata poden falar en galego!, se sabemos escoitar. Para poder levar a cabo esta actividade contaremos co asesoramento da asociación Mosqueo, axuda que agradecemos de antemán. Así que a poñerse en forma!!!
O Libro das Palabras Regaladas
O Libro das Palabras Regaladas vén con retraso, pero non deixaremos de facelo. Como xa se dixo, de entre todas elas vaise escoller a palabra máis fermosa, e o neno ou nena que a trouxo recibirá un pequeno agasallo. A presentación do libro e a entrega do agasallo terá lugar o día da presentación do noso conto viaxeiro. Agardade ata entón!!!! Aínda que vos adianto que hai palabras moi fermosas coma "candea", "faísca"...
Certame Literario
Pronto teremos noticias do IV Certame Literario, no que esperamos que haxa moita participación. A súa presentación será o 6 de febreiro.
Xa chega o "Entroido"
Este ano o Entroido vén cediño, aqui tendes colgada a sesión de fotos dos entroidos tradicionais de Ourense, que fixemos o curso pasado. Gozade co colorido de peliqueiros, cigarróns, pantallas, vergalleiros ... Ademais tendes os carteis que se fixeron sobre estes pesonaxes. Traballo custou a profes e alumnos, pero ben bonitos que quedaron!