O día 21 de marzo celébrase o Día da Poesía. A continuación aparece un poema de Rosalía de Castro titulado Negra Sombra, moi coñecido grazas a canción de Luz Casal e Carlos Núñez ou á de Amancio Prada.
Cando penso que te fuches
negra sombra que me asombras
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida
no mesmo sol te me amostras
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa
Si cantan, es ti que cantas
si choran, es ti que choras
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras
nin me dexarás ti nunca
sombra que sempre me asombras.
PATIOS TRANQUILOS: ESPAZO PARA A CALMA, A CONVIVENCIA E A CREATIVIDADE
-
No marco das accións de convivencia do centro, póñense en marcha os *Patios
tranquilos*, unha proposta pensada para ofrecer ao alumnado de Primaria un
es...
Hace 2 semanas