Nesta Semana Cultural imos ter, como de costume, varios actos entre os días 11 e 15 de maio para celebrar as Letras Galegas. Contaremos unha vez máis, porque xa nos visitou no ano 2006 e 2007, coa visita do escritor e ilustrador Anxo Fariña. Ademais tamén teremos teatro a cargo dos nenos e nenas de 2º -que nos sorprenderán coa representación dun conto popular-, e da compañía chamada "Migallas" (seguro que a coñecedes, non?), que actuará o día 12 de maio para o alumnado do noso centro e o de Carballal. O título da obra é "O Libro Máxico".
LETRAS GALEGAS: HOMENAXE A BEGOÑA CAAMAÑO.
-
Co gallo do Día das Letras Galegas, o centro encheuse de palabras, creación
e lingua compartida arredor da figura de *Begoña Caamaño*, homenaxeada de
est...
Hace 4 semanas
