Dentro dos actos desta IV Semana Cultural, contamos coa actuación da coñecida compañía de teatro "Migallas", que representou a fascinante obra titulada "O Libro máxico". Grazas a estes actores puidemos comprobar que dentro dun libro hai todo un mundo de fantasía, só temos que abrir a porta, e... como?, pois abrindo un libro, xa que todos os libros poden ser máxicos, comprobádeo!! Moito rimos e cantamos e, para que vos acordedes dese día, aquí tendes unha morea de fotos.
DÍA MUNDIAL DA RADIO
-
Co gallo do *Día Mundial da Radio (13 de febreiro)*, na Biblioteca Escolar
queremos celebrar a forza da palabra, da comunicación e das historias que
via...
Hace 5 días





