Dentro dos actos desta IV Semana Cultural, contamos coa actuación da coñecida compañía de teatro "Migallas", que representou a fascinante obra titulada "O Libro máxico". Grazas a estes actores puidemos comprobar que dentro dun libro hai todo un mundo de fantasía, só temos que abrir a porta, e... como?, pois abrindo un libro, xa que todos os libros poden ser máxicos, comprobádeo!! Moito rimos e cantamos e, para que vos acordedes dese día, aquí tendes unha morea de fotos.
DESPEDIDA E RECOMENDACIÓNS DE VERÁN
-
E case sen decatarnos, chegamos ao final dun novo curso. Ao longo destes
meses, a biblioteca escolar foi moito máis ca un espazo cheo de libros. Foi
un l...
Hace 4 semanas