11/4/11

ENTROIDO 2011

Ola a tod@s! Aquí vos deixamos as fotos da festa do entroido. Os nenos e nenas de educación infantil tiñan como temática Exipto, xa que é o proxecto que están levando a cabo. Os nenos e nenas de educación primaria tiñan a temática libre, todos estaban moi guapos e divertidos. Pola mañá levamos a cabo un taller de comadres e compadres, quedaron moi orixinais. Despois recuperamos forzas cunha merenda típica de Entroido, gracias a colaboración de todas as familias que enviaron deliciosos doces. Por último, celebramos o tradicional baile.




31/1/11

CONTOCHE UN CONTO

Ola amigos e amigas, a continuación tedes as fotos da actividade Cóntoche un conto, na que os nenos de 5 anos de educación infantil convertéronse en narradores do conto Cabaza cabaciña, os seus oíntes foron os alumnos e alumnas de 6º de educación primaria.




19/12/10

POSTAIS NADAL

Un ano máis fixemos o intercambio de postais de Nadal co C.E.I.P Mestre Valverde Mayo, deixámosvos unhas imaxes das que elaboramos para que comprobedes que fermosas quedaron. Aproveitamos para desexarvos a todos/as un Bo Nadal e un Feliz 2011.





1/12/10

MURAL DO MAGOSTO

Aquí tedes o mural que realizamos entre todas as aulas do centro con motivo da celebración do Magosto. As aulas de primaria realizaron acrósticos a partir da palabra Magosto e unhas castañas moi simpáticas, e os nenos e nenas de Educación Infantil foron os encargados de rematar a decoración do mural con cogumelos, follas, esquíos e landras.




22/11/10

MAGOSTO 2010

A semana pasada celebramos o Magosto, despois de ter que atrasalo unha semana pola climatoloxía, por fin puidemos degustar as ricas castañas que os nenos e nenas trouxeron. Aquí vos deixamos as fotos.








16/11/10

MENÚ TERRORÍFICA

Este ano celebramos o II Menú terrorífico, os encargados de levalo a cabo foron os nenos e nenas de educación infantil e os alumnos/as de primeiro de educación primaria. Unha vez elaborado chegou o momento de desgustalo. Estaba todo moi bo como podedes comprobar nas imaxes.



15/11/10

Concurso de cabazas

Ola amigos e amigas. A continuación deixámosvos as imaxes da festa do Samaín e da entrega de premios ás cabazas máis votadas. Esperamos que vos guste e moitas grazas




EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Ola amigos e amigas deixámosvos a continuación as imaxes da exposición de cabazas elaboradas polas familias. Esperamos que vos guste e grazas a todos/as pola vosa colaboración





23/10/10

O SAMAÍN


Queridos amigos e amigas comezamos as actividades do equipo de normalización neste curso 2010-2011 coa festividade do Samín, esta semana realizaremos a exposición de cabazas que poderedes visitar o martes 26 de outubro de 16:00 a 18:00 horas.


O xoves realizaremos a II Merenda Terrorífica na que participará todo o alumnado de educación infantil e os nenos e nenas de 1º de primaria.
O venres 29 entregaranse os premios do concurso de cabazas do Samaín.




13/5/10

O POETA DO COUREL

Depois de tres anos, voltamos de novo á marabillosa paisaxe do Courel; daquela estivemos alí da man de María Mariño Carou, a quen homenaxeaban no Día das Letras Galegas 2007. E agora, tócalle a Uxío Novoneyra, co cal mantivo unha profunda amizade até a súa morte no ano 1967.
Este ano comprácenos moito homenaxear a este gran poeta, Uxío Novoneyra, poeta da sonoridade e do silencio, do silencio necesario para poder sentir a emoción dos seus versos. Animádevos a ler os seus libros de poemas que podedes atopar na biblioteca!! Recordade, en silencio!

12/5/10

WEBQUEST UXÍO NOVONEYRA



Como xa sabedes o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas é Uxío Novoneyra, un persoeiro moi importante da nosa literatura. Seguro que estades desexando saber algo máis sobre este autor a quen lle chamaron O POETA DO COUREL, se é así aquí tedes esta webquest onde poderedes atopar moita información.

Preme na foto

23/4/10

SEMANA CULTURAL 2010



Xa se acerca a Semana Cultural, que este ano terá lugar entre o 10 e o 14 de maio para conmemorar o día das Letras Galegas. Como en anos anteriores temos a sorte de contar de novo coa presencia do escritor e ilustrador Anxo Fariña. Os nenos que pertencen ao club de lectura están a ler un libro seu " A Monstroescola" e terán a sorte de poder falar con el e a ver si pode asinarllos.




Teremos máis actividades:
  • Cine en galego


  • Actuación musical dos nenos de 6º de educación primaria, onde poñerán música o "Conto Viaxeiro" que fixemos este curso no centro


  • Coñecermos a vida e obra do homenaxeado este ano Uxío Novoneyra


  • Premiaremos os gañadores do Certame Literario.

16/3/10

A TOUPIÑA

Dende o equipo de normalización lingüística organizamos unhas sesións de contos en diferentes linguas para os nenos e nenas de educación infantil. O conto elixido foi "A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" e as mestras do colexio contárono en galego, inglés e francés. Deixamos os vídeos para que o escoitedes e esperamos que vos guste .


27/2/10

ENTROIDO 2010

Este ano o entroido adicámolo a diferentes épocas históricas. Nas fotos podedes comprobar a variedade de traxes e o ben que o pasamos no baile de entroido.

23/2/10

CONTOS CANTADOS

Ola nenos e nenas, no mes de xaneiro, con motivo do Día da Paz, os equipos de biblioteca e normalización organizamos unha sesión de contos cantados para o alumnado de educación infantil. Os contos elixidos foron "Dona Carme" e "Lobo feroz" e interpretáronos os nenos e nenas de 4º. Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade que resultou moi divertida.

18/2/10

MENÚ TERRORRÍFICO

Ola, no pasado trimestre os nenos e nenas de ed. infantil e o 1º ciclo de ed. primaria realizaron unha merenda monstruosa, agora elaboraron un libro coas receitas, esperan que vos guste e que vos animedes a preparar estes pratos tan terrorríficos


12/1/10

FELICITACIÓNS DO NADAL

Neste Nadal os nenos e nenas do noso centro fixeron coas súas familias unhas fermosas felicitacións coas que adornamos as paredes da entrada.


15/11/09

Samaín 2009

Ola, nenos e nenas! Aquí estamos de novo, neste curso 2009/2010, para mostrarvos o que se fai dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso centro. Comezaremos por ensinarvos as fotos da exposición de cabazas decoradas que se realizou neste Samaín 2009. Como sempre houbo moito inxenio e creatividade.





MERENDA MONSTRUOSA DO ALUMNADO DE E.I. E 1º CICLO
As profes de E.I. fixeron unha merenda tan terrorífica que facía tremer a calquera!




CONTO DE XAIME E AS LANDRAS

Os nenos e nenas de E.I. contáronlle un conto, titulado "Xaime e as landras", ao alumnado de 6º, quen tivo que escribilo e xuntos fixeron uns fermosos debuxos.


29/6/09

IV CONTO VIAXEIRO

UNHA AVENTURA INCRIBLE
Preme en "fullscreen" para poñelo en pantalla completa.

unha aventura incrible

XORNAL LOURO nº 40

Se queres velo en pantalla completa preme en "fullscreen".
xornal louro 09

9/6/09

AS LINGUAS SUMAN

Dende este blogue non queremos deixar de manifestar o innecesario, e até retrógrado, que nos parece cuestionar o valor lingüístico de uso e aprendizaxe que a lingua galega debe ter. Porén, o decreto que rixe o uso do galego está a se debatir, un decreto que fixa un equilibrio do 50% entre as dúas linguas. Temos que entender que a lingua forma parte do noso patrimonio e que non exclúe ningún tipo de aprendizaxe, senón que aumenta as potencialidades lingüísticas do noso alumnado, tal como queda reflectido no informe Pisa, nel constátase que o dominio do castelán e o inglés dos alumnos e alumnas galegos/as é superior á media española. Se queres ler máis información a este respecto aquí tes este documento:





Triptico as Linguas Suman

28/5/09

"O LIBRO MÁXICO" de MIGALLAS

Dentro dos actos desta IV Semana Cultural, contamos coa actuación da coñecida compañía de teatro "Migallas", que representou a fascinante obra titulada "O Libro máxico". Grazas a estes actores puidemos comprobar que dentro dun libro hai todo un mundo de fantasía, só temos que abrir a porta, e... como?, pois abrindo un libro, xa que todos os libros poden ser máxicos, comprobádeo!! Moito rimos e cantamos e, para que vos acordedes dese día, aquí tendes unha morea de fotos.



CERTAME LITERARIO 2009

Un ano máis fixemos entrega dos agasallos aos premiados e premiadas neste Certame Literario 2009. Esperamos e desexamos que sigan a escribir e... quen sabe!!, talvez dentro duns anos reciban outro merecido premio nun certame máis importante. As sorprendentes narracións e os fermosos poemas dos gañadores/as serán publicados no noso xornal "Louro", en xuño. Tamén foi premiado, como todos os anos, o alumnado de Educación Infantil polo seu gran traballo realizado na modalidade de "murais", o tema do mesmo era: "O galego como medio de comunicación" e o seu título é "Dona Carme" (como podedes ver na foto este ano vai ser un mural permanente, porque foi feito nunha parede da E.E.I. de Louredo).